Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia e Norte de Portugal: Novas ferramentas para a Xestión do Risco

O día 15 de Marzo celebramos a Conferencia Final do proxecto NOR-WATER, que tivo lugar na Sala Cíes do Edificio Anexo do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR, en formato presencial. A Conferencia foi emitida tamén en directo a través da Canle Youtube do proxecto, e está dispoñible neste link.

O obxectivo da primeira sesión da Conferencia foi presentar os resultados obtidos no proxecto en relación coa detección, análise química e toxicolóxica, monitorización, modelización ecolóxica e remediación dos contaminantes emerxentes nas augas superficiais de Galicia e Norte de Portugal. Presentáronse tamén as actividades de formación e sensibilización ambiental levadas a cabo no proxecto, e a creación da Rede NOR-WATER.

Na segunda sesión do evento, representantes da Agência Portuguesa do Ambiente APA IP-ARH e Augas de Galicia, presentaron a perspectiva institucional no control e seguimento destas substancias na Rexión Hidrográfica do Norte de Portugal e na Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.

Na terceira sesión, contamos coa participación de expertos de referencia en Galicia e o norte de Portugal, que profundaron no estudo do impacto destes contaminantes na biota mariña, a monitorización de contaminantes de forma automatizada, o caso de estudo de Terras Raras e os desafíos aos que se enfrontan as empresas xestoras das estacións de depuración das augas. Ademais mostrouse unha recompilación de boas prácticas europeas de monitoraxe da calidade das augas entre as que se incluíu o proxecto NOR-WATER.

Finalmente, unha mesa redonda na que participaron todos os poñentes invitados abriu un espazo de debate acerca dos retos e desafíos aos que se enfrontan os distintos actores que traballan no ámbito da contaminación das augas, tales como a necesidade de contar con metodoloxías robustas e de baixo custo para a detección e seguimento deste tipo de substancias, a importancia de estudar os produtos de transformación que se xeran durante o tratamento das augas residuais, e as carencias de información que existen en canto ao comportamento e os efectos das mesturas de contaminantes. A xornada puxo de manifesto a necesidade de fomentar a colaboración entre os centros de investigación, administracións e empresas, e a importancia de concienciar e trasladar á sociedade os resultados deste tipo de proxectos.

Grabación de la emisión en streaming de la Conferencia NOR-WATER

Presentaciones

Bienvenida  – Paloma Rueda Crespo; Directora Gerente Fundación CETMAR

SESIÓN 1: EL PROYECTO NOR-WATER

O projeto NOR-WATER – Miguel Santos; Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental – PDF

Fuentes de contaminantes de interés emergente y selección de áreas de estudio – Julio Cobas; INTECMAR 

Estudio de la presencia de contaminantes de interés emergente en aguas superficiales de Galicia-Norte de Portugal – Rosario Rodil; Universidade de Santiago de Compostela – PDF

Tecnologias avançadas de tratamento desenvolvidas no projeto NOR-WATER – Vítor Vilar; Faculdade de Engenharia da Univ do Porto – PDF

Novas ferramentas de modelação e ecotoxicológicas para avaliar o risco ambiental dos contaminantes emergentes – Teresa Neuparth; Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental – PDF

La Red NOR-WATER – Raquel Diez; Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR – PDF

Actividades de educación ambiental y divulgación desarrolladas en la región de Viana do Castelo – Leonor Cruz; Cámara Municipal de Viana do Castelo, Centro Monitorização e Interpretação Ambiental – PDF

Actividades de educación ambiental y divulgación desarrolladas en la región de Vila Nova de Cerveira – Carlos Antunes; Cámara Municipal Vila Nova de Cerveira, Aquamuseu do Río Minho – PDF

Actividades de educación ambiental y divulgación desarrolladas en la región do Baixo Miño, Galicia – Manuel Pombal; ANABAM, Asociación Naturalista Baixo Miño – PDF

SESIÓN 2: GESTION DE CALIDAD DE AGUAS

Contaminantes Emergentes em Águas Superficiais: Uma perspetiva Institucional em Portugal – Vitorino José; Agência Portuguesa do Ambiente, IP, Administração da Região Hidrográfica do Norte – PDF

Control y seguimiento de los compuestos químicos en la Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa – Mónica Velo; Augas de Galicia

SESIÓN 3: CONTROL, MONITORIZACIÓN Y REMEDIACIÓN

Efectos biológicos de los contaminantes de interés emergente en el medio marino – Juan Bellas; Instituto Español Oceanografía, Centro Oceanográfico de Vigo – PDF

Projeto BIGDATA 4RIVERS: Boas práticas europeias desenvolvidas no âmbito da monitorização da qualidade da água e dos contaminantes emergentes – Luisa García; Comunidade Intermunicipal do Alto Minho – PDF

SEALAB. Medición de sustancias prioritarias in situ mediante nanosensores y embarcación no tripulada – Miguel González; INDROPS S.L. – PDF

Emergent contaminants: Rare Earth Elements as case studies – Pedro Brito; Instituto Portugues do Mar e Atmosfera

Remoção de contaminantes emergentes: Os desafios da Águas do Centro Litoral, S.A – Sandra Jorge; Águas do Centro Litoral, S.A. – PDF

MESA REDONDA: Retos, desafíos y oportunidades en torno al control, monitorización y mitigación de los contaminantes de interés emergente Modera: Miguel Santos; CIIMAR – Participan los ponentes de las sesiones 2 y 3, y el consorcio NOR-WATER

Programa del evento