NOR-WATER

 

Contaminantes emerxentes nas augas de Galicia-Norte de Portugal: novas ferramentas para a xestión do risco

Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020

Obxectivos

Actividades

Consorcio

Rede Nor-Water

Proxecto Nor-Water

Título: Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia – Norte de Portugal: novas ferramentas para a xestión do risco.

Programa: Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020

Prioridade: 6F Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección medioambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica.

Orzamento total: 579.475,41 €

Contribución FEDER: 434.606,56 €

Duración: 04/2019 – 04/2022

Coordinador: CIIMAR – Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, Universidade do Porto.

Que son os CE?

Os contaminantes emerxentes (CE) son compostos de diversa orixe e natureza química para os que a presenza no medio ambiente non foi considerada no pasado e, polo tanto, están pouco estudados a nivel científico. Tamén se lles denomina de maneira mais correcta como contaminantes de interese emerxente e, en moitos casos descoñécese se constitúen un risco ecolóxico ou presentan potenciais efectos adversos sobre a saúde (Dulio et al., 2018; Water JPI, 2018).

Comprenden unha ampla gama de compostos químicos, farmacéuticos, de coidado persoal, pirorretardantes, axentes tensioactivos, plastificantes e aditivos industriais. A maioría destes compostos están aínda sen regular pero poden ser candidatos a unha regulación futura dependendo das investigacións relacionadas coa súa presenza e incidencia no medio, así como dos posibles efectos nocivos sobre a saúde.

En 2015 a Unión Europea puxo en marcha unha lista de observación ou “Watch List” (Decisión 2015/495) para monitorizar, entre outros, estes contaminantes no ámbito da Directiva Marco da Auga (DMA) de cara a unha posible regulación no futuro.

Novas

Novo video de presentación do proxecto NOR-WATER

Novo video de presentación do proxecto NOR-WATER

Vídeo de presentación do proxecto NOR- WATER no que os socios do proxecto falan das actividades que se están a ser desenvolvidas en relación á detección, monitoración, modelización e remoción de contaminantes emerxentes nas augas do norte de Portugal e de Galicia. O...

Cal é o obxectivo de NOR-WATER?

 

NOR-WATER pretende identificar os principais contaminantes emerxentes (CE) e as súas fontes nas bacías do norte de Portugal e Galicia

 

 

Eventos

Proxecto

cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020