APA-ARH do Norte

 

Agência Portuguesa do Ambiente, IP-Administração da Região Hidrográfica do Norte

O APA/ARH do Norte ten como misión propoñer, desenvolver e acompañar a xestión das políticas do ambiente e o desenvolvemento sostible, co obxectivo de manter un elevado nivel de protección e de valorización do ambiente. Á Autoridade Nacional da Auga compételle propoñer, desenvolver e acompañar a execución da política dos recursos hídricos para a súa protección e valorización, a través da planificación e xestión destes recursos e dos usos da auga. Doutra banda, encárgase do desenvolvemento dunha estratexia de protección e xestión integrada do litoral. APA/ ARH ten como principais competencias a xestión, monitorización, a emisión de licenzas, e a fiscalización dos recursos hídricos, e poñerá os seus coñecementos e competencias ao servizo do proxecto NOR-WATER. A través da exploración das redes de vixilancia implementadas na área territorial da ARH do Norte, dispón dun amplo rexistro histórico de datos e de coñecemento técnico de alto valor para o proxecto.

 

APA – ARH do Norte

Dirección: Rua Formosa, n.º 254. 4049-030 Porto. Portugal.

Teléfono: +351 223 400 000

Correo: arhn.geral@apambiente.pt

Web