NOR-WATER
¿Qué é a Rede Nor-Water?
¿Qué é?
A Rede NOR-WATER nace coa finalidade de constituír un foro de colaboración multidisciplinar público-privada na temática dos contaminantes emerxentes, con capacidade operativa e proactiva para facilitar a colaboración entre os seus usuarios e actuar como motor e impulsor de iniciativas neste ámbito.
Obxectivos
- Establecer un espazo de encontro e colaboración para organizacións do ámbito público e privado ao redor da temática dos contaminantes emerxentes
- Promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre institucións de investigación, axencias gobernamentais e empresas e asociacións industriais que se ocupan da detección, vixilancia e mitigación de contaminantes emerxentes.
- Recompilar e difundir información relevante.
- Desenvolver un mapa de coñecemento, experiencia e capacidades, que facilite as sinerxías e permita a mobilización eficiente dos recursos humanos, para dar resposta ás necesidades dos diferentes actores involucrados no estudo e control dos contaminantes emerxentes.
- Identificar lagoas, necesidades e prioridades, e establecer mecanismos para promover iniciativas e desenvolvementos tecnolóxicos.
¿Quen pode formar parte da rede?
A Rede NOR- WATER está aberta á participación das seguintes organizacións:
- Administracións locais e rexionais responsables da elaboración e cumprimento de políticas relacionadas coa calidade de augas.
- Axencias gobernamentais a cargo do control, vixilancia e/ou mellora da calidade de augas / Laboratorios de vixilancia e control.
- Empresas encargadas da depuración de augas residuais.
- Empresas que desenvolvan tecnoloxías dirixidas ao control / vixilancia / mellora da calidade de augas.
- Centros de investigación / OPIS / Universidades / Centros Tecnolóxicos traballando en temáticas relacionadas coa contaminación e xestión da calidade de augas.
- Asociacións ambientais e ONGs que desenvolvan actividades relacionadas coa educación ambiental e a sensibilización en materia de calidade de augas.
¿Cómo participar na rede?
Para participar na Rede pode cumprimentar e enviar o formulario online dispoñible na sección “Únete á Rede NOR-WATER”.
Mapa de capacidades
Todas as organizacións que así o desexen poderán mostrar a súa área de traballo e experiencia no mapa de capacidades, visible na sección pública da web do proxecto.
O mapa de capacidades da rede permitirá coñecer a distribución xeográfica de todos aqueles membros que se rexistraron na rede. Ao picar sobre unha organización, despregarase un formulario que describirá as súas capacidades.
Grupos de traballo
Os Grupos de Traballo proporcionan o marco de colaboración onde os membros da Rede poden compartir información, coñecementos e experiencia ao redor de temáticas específicas. Os seus principais obxectivos son:
- Actuar como un foro de encontro entre axencias gobernamentais, laboratorios de control, universidades e OPIs, e empresas privadas.
- Identificar capacidades, complementariedades e posibles sinerxías.
- Detectar necesidades, prioridades e establecer posibles follas de ruta.
- Impulsar propostas, iniciativas de colaboración público-privadas e accións específicas vinculadas aos temas.
A Rede contempla en principio a creación de 5 Liñas/Grupos de Traballo (GT):
- Xestión de calidade de augas e regulación
- Control e Vixilancia de contaminantes emerxentes
- I+D+i
- Tratamento de augas residuais e desenvolvemento de tecnoloxías
- Formación, sensibilización e concienciación
As entidades interesadas na Rede poden indicar as súas preferencias no formulario de rexistro.
Documentación da rede
A sección DOCUMENTACIÓN (só accesible aos membros da Rede) contén información relevante no ámbito dos contaminantes emerxentes, que será organizada de acordo coas temáticas dos distintos grupos de traballo. Os membros da Rede poderán achegar recursos para ser incluídos nesta sección de modo que se manteña actualizada. Para cada Grupo de Traballo incluirase a seguinte información:
- Unha breve descrición do GT.
- A lista de membros interesados en participar no GT.
- Documentación elaborada polo GT (axendas de reunións, presentacións, plans de acción, etc.).