ANABAM
Asociación Naturalista Baixo Miño
ANABAM, é unha entidade conservacionista de carácter naturalista e ecoloxista. O seu ámbito de traballo é a comarca galego-portuguesa do baixo Miño. Esta comarca, no tramo galego, está formado polos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. No tramo portugués forman parte desta comarca natural os concellos de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha e o tramo norte da fegresia de Carreço.
É unha entidade independente, apolítica e non vinculada a ningunha empresa, institución, grupo social, etc.
Esta entidade conservacionista desenvolve actividades e proxectos relacionados co patrimonio natural, coa educación ambiental e co patrimonio cultural e etnográfico relacionado directa ou indirectamente coa natureza.
Asociación Naturalista Baixo Miño
Dirección: Calvario, 44 bajo. A Guarda, Pontevedra. España.
Teléfono: +34 6180557
Contacto: Manuel A. Pombal
Correo: anabam.anabam@gmail.com