Co obxetivo de fomentar a colaboración transfronteiriza na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal nun ámbito de interese común como son os contaminantes emerxentes (CE), o proxecto NOR-WATER, lanza neste mes de outubro, a Rede NOR-WATER, un foro de colaboración multidisciplinar público-privada arredor desta temática que permitirá o intercambio de coñecementos, a identificación de necesidades e prioridades, e avanzar nas capacidades de detección, control e mitigación dos CE e do seu impacto nos ecosistemas e na saude pública.
Os obxetivos específicos da Rede NOR-WATER son os seguintes:
- Establecer un espazo/foro de encontro e colaboración para organizacións do ámbito público e privado ao redor da temática dos contaminantes emerxentes.
- Promover o intercambio de coñecementos e experiencias.
- Recompilar, actualizar e difundir recursos, documentación e información relevante.
- Desenvolver un mapa de coñecemento, experiencia e capacidades, que facilite as sinerxias e permita a mobilización eficiente dos recursos humanos, para dar resposta ás necesidades dos diferentes actores involucrados no control e a mitigación de contaminantes emerxente.
- Identificar lagoas de coñecemento, necesidades e prioridades, e establecer mecanismos para promover iniciativas e desenvolvementos tecnolóxicos.
A Rede NOR- WATER créase con vocación de expansión e continuidade máis aló do consorcio actual e da vida do proxecto e está aberta á participación, entre outros, de administracións e axencias gobernamentais a cargo do control, monitoraxe, xestión e/ou mellora da calidade de augas; laboratorios de monitoraxe e control, empresas encargadas da depuración de augas, empresas de desenvolvemento tecnolóxico, organismos de investigación centros tecnolóxicos e asociacións ambientais, así como Ong que desenvolvan actividades relacionadas coa educación ambiental e a sensibilización en materia de calidade de augas.
Na páxina web do proxecto poderanse consultar todos os resultados, publicacións e ferramentas que se xeren ao longo da vida do proxecto e as organizacións interesadas poderán obter máis información sobre a Rede e integrarse na mesma a través dun formulario online.