NOR-WATER
Contaminantes emerxentes nas augas de Galicia-Norte de Portugal: novas ferramentas para a xestión do risco
Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020
Obxectivos
Actividades
Consorcio
Rede Nor-Water
Proxecto Nor-Water
Título: Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia – Norte de Portugal: novas ferramentas para a xestión do risco.
Programa: Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020
Prioridade: 6F Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección medioambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica.
Orzamento total: 579.475,41 €
Contribución FEDER: 434.606,56 €
Duración: 04/2019 – 04/2022
Coordinador: CIIMAR – Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, Universidade do Porto.
Que son os CE?
Os contaminantes emerxentes (CE) son compostos de diversa orixe e natureza química para os que a presenza no medio ambiente non foi considerada no pasado e, polo tanto, están pouco estudados a nivel científico. Tamén se lles denomina de maneira mais correcta como contaminantes de interese emerxente e, en moitos casos descoñécese se constitúen un risco ecolóxico ou presentan potenciais efectos adversos sobre a saúde (Dulio et al., 2018; Water JPI, 2018).
Comprenden unha ampla gama de compostos químicos, farmacéuticos, de coidado persoal, pirorretardantes, axentes tensioactivos, plastificantes e aditivos industriais. A maioría destes compostos están aínda sen regular pero poden ser candidatos a unha regulación futura dependendo das investigacións relacionadas coa súa presenza e incidencia no medio, así como dos posibles efectos nocivos sobre a saúde.
En 2015 a Unión Europea puxo en marcha unha lista de observación ou “Watch List” (Decisión 2015/495) para monitorizar, entre outros, estes contaminantes no ámbito da Directiva Marco da Auga (DMA) de cara a unha posible regulación no futuro.
Novas
Resultados da Conferencia Final do Proxecto NOR-WATER
Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia e Norte de Portugal: Novas ferramentas para a Xestión do Risco O día 15 de Marzo celebramos a Conferencia Final do proxecto NOR-WATER, que tivo lugar na Sala Cíes do Edificio Anexo do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación...
Conferencia Final do Proxecto NOR-WATER
O próximo 15 de marzo celebraremos a Conferencia Final do proxecto NOR-WATER “Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia e Norte de Portugal: Novas ferramentas para a Xestión do Risco”, que terá lugar na sede do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR en Vigo...
Cal é o obxectivo de NOR-WATER?
NOR-WATER pretende identificar os principais contaminantes emerxentes (CE) e as súas fontes nas bacías do norte de Portugal e Galicia
Eventos
Conferencia Final do Proxecto NOR-WATER
O próximo 15 de marzo celebraremos a Conferencia Final do proxecto NOR-WATER “Contaminantes Emerxentes nas augas de Galicia e Norte de Portugal: Novas ferramentas para a Xestión do Risco”, que terá lugar na sede do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR en Vigo...
Webinar Tecnoloxías para a Remediación e Mitigación de Contaminantes de Preocupación Emerxente nas Augas Residuais Urbanas
O día 29 de Novembro o Laboratorio Asociado LSRE-LCM da Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto organizará un Webinar sobre Tecnoloxías para a Remediación e Mitigación de Contaminantes de Preocupación Emerxente nas Augas Residuais Urbanas, en plataforma...
II Congreso Internacional de Agua y Sostenibilidad, Barcelona, 24-26/03/2021
Los días 24, 25 y 26 de marzo de 2021 tendrá lugar en Terrassa (Barcelona, España) el 2o Congreso Internacional de Agua y Sostenibilidad en el Instituto de Investigación Textil y de Cooperación Industrial de Terrassa (INTEXTER) de la...