CIIMAR

 

Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental

CIIMAR é un centro de I+D que ten como misión o desenvolvemento de investigación de excelencia, a promoción do desenvolvemento tecnolóxico e o apoio ás políticas públicas na área das Ciencias Mariñas. O centro acolle preto de 400 investigadores (165 con grao de doutor) e promove unha aproximación multi- e interdisciplinar aos desafíos sociais e económicos con relevancia no contexto rexional, nacional e global. 

O CIIMAR ten competencias e experiencia relevante na implementación de proxectos de I+D+i, de promoción e transferencia de tecnoloxía, e formación en múltiples sectores da actividade económica ligada ao mar. Destacan as áreas de I+D relacionadas coas alteracións globais, xestión e servizos ecosistémicos, biotecnoloxía, acuicultura e valorización de recursos endóxenos diferenciadores, particularmente dos recursos asociados á Economía do Mar. 

O CIIMAR tivo unha forte implicación na implementación das políticas públicas no ámbito da xestión das masas de auga, entre as que destacan a DMA e DMEM. Doutra banda, dentro das súas competencias enfócase na problemática dos contaminantes emerxentes desde varias perspectivas: desenvolvemento de ferramentas ecotoxicolóxicas, modelización ecolóxica e biorremediación, entre outras. Dentro de CIIMAR, o Grupo de Investigación en Disruptores Endócrinos e Contaminantes Emerxentes é o encargado de coordinar o proxecto NOR- WATER.

 

Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental – CIIMAR

Dirección: Novo Edifício do Terminal de Cruzeiros do Porto de Leixões. Avenida General Norton de Matos, S/N. 4450-208 Matosinhos | Portugal

Teléfono: +351 223 401 800

Contacto: Miguel Santos

Correo: santos@ciimar.up.pt

Web