CHMS

 

Confederación Hidrográfica del Miño-Sil

En febreiro de 2007, o Consello de Ministros aprobaba por Real Decreto 125/2007 a creación das Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte, O 22 de febreiro de 2008, dábase un paso máis coa aprobación do Real Decreto 266/2008 polo que se modificaba a Confederación Hidrográfica do Norte e dividíase en Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Asemade, con esta modificación, as demarcacións hidrográficas do Miño-Limia e do Norte, pasaron a chamarse do Miño-Sil e Cantábrica, respectivamente.

 A Confederación Hidrográfica do Miño – Sil converteuse na máis nova de todas as existentes na Península. Tal e como se pon de manifesto no citado Real Decreto, as novas confederacións sucederon a título universal á Confederación Hidrográfica do Norte nos bens, dereitos e obrigas desta, no que se refire aos seus respectivos ámbitos territoriais.

 A Confederación Hidrográfica do Norte (CHN), chamada Confederación Hidrográfica do Norte de España (CHNE) ata 1989, foi creada polo Decreto 480/61 de 16 de marzo de 1961 (PDF-881K), o que a convertía na máis recente de todas as que existen na Península. A súa entrada en funcionamento fíxose con 35 anos de atraso respecto da primeira delas, a Confederación Hidrográfica do Ebro. O primeiro antecedente da Confederación Hidrográfica do Norte remóntanse a 1865, cando se constituíron as Divisións Hidrolóxicas de Santander e de Ourense.

 No seu momento, o retraso na constitución da Confederación Hidrográfica do Norte podía explicarse pola complexidade administrativa e topográfica que caracterizaba o ámbito territorial sobre o que exercería competencias. Dende o punto de vista administrativo, o territorio das bacías fluviais que finalmente remataron incorporándose ao Organismo, pertencía a catorce provincias distintas (Navarra, Guipúscoa, Áraba, Biscaia, Burgos, Santander, Palencia, Asturias, León, Zamora, Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra), algunhas delas moi distantes entre si.

 Contravindo a idea orixinal de organizar as confederacións hidrográficas en torno a un único e gran río, a Confederación Hidrográfica do Norte de España comprendía, na súa orixe, máis de 670 cursos de auga que desembocan no mar. O máis importante de todos eles é o formado polo sistema fluvial Miño-Sil, pero tamén poden destacarse, de oeste a este, os ríos Limia, Lérez, Umia, Ulla, Tambre, Eume, Mandeo, Mera, Sar, Landro, Eo, Navia, Esva, Nalón-Narcea, Sella, Deva-Cares, Nansa, Saja-Besaya, Pas, Miera, Asón, Agüera, Nervión-Ibaizábal, Deba, Urola, Oria, Urumea e Bidasoa.

 

 

Confederación Hidrográfica del Miño-Sil – CHMS

Dirección: Av. Buenos Aires, 23, 36400 O Porriño, Pontevedra

Teléfono: +34 986 34 45 50

Correo: contacto@chminosil.es

Web