SERGAS

 

Dirección Xeral de Saúde Pública – CONSELLERÍA DE SANIDADE – XUNTA DE GALICIA

A misión da Dirección Xeral de Saúde Pública, é fomentar, protexer e contribuír a mellorar a saúde da poboación galega, a través de: 

  • A planificación das diferentes actuacións que contribúan a mellorar a saúde, a asegurar o libre exercicio dos dereitos e deberes sanitarios dos cidadáns, e a garantir a toda a poboación galega unhas mesmas prestacións e garantías sanitarias.
  • desenvolvemento de actuacións comunitarias para o control dos riscos de enfermar asociados a determinantes de saúde.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, en materia de contaminación e calidade de augas, ten entre as súas competencias a vixilancia dos factores ambientais de Galicia, o control oficial das augas de consumo humano, uso de biocidas, o control oficial das piscinas, uso de produtos químicos e o control oficial das zonas de baño.

 

Dirección Xeral de Saúde Pública. Conselleria de Sanidade- Xunta de Galicia

Dirección: Edificio Administrativo de San Lázaro.
15781 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Web