Augas de Galicia
aUgas de galicia
Augas de Galicia é o organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas (Xunta de Galicia) que xestiona a Demarcación de Galicia-Costa. Desenvolve as competencias da Xunta de Galicia en materia de xestión de augas, e asume o conxunto da Administración Hidráulica de Galicia.
As competencias de Augas de Galicia, segundo a Lei de Augas de Galicia, son as seguintes:
- No ámbito da xestión das bacías intracomunitarias, as competencias que o ordenamento xurídico vixente en materia de augas lles atribúe aos organismos de bacía, así como as que especificamente se regulen nesta lei e no resto do ordenamento xurídico aplicable.
- En relación coas bacías intercomunitarias, a participación na planificación hidrolóxica, así como a representación da Comunidade Autónoma de Galicia nos organismos de bacía do Estado na forma que fixe o ordenamento xurídico aplicable.
- No ámbito das obras hidráulicas:
- A planificación, a programación, o proxecto, a construción e a explotación de obras hidráulicas declaradas de interese da Comunidade Autónoma de Galicia polo Consello da Xunta.
- A promoción ante a Administración xeral do Estado da declaración de obras de interese xeral deste.
- A redacción de proxectos, a construción e a explotación de obras de interese xeral do Estado nas condicións que fixen os correspondentes convenios que se deberán subscribir entre Augas de Galicia e o órgano competente da Administración xeral do Estado.
- A participación na construción e na explotación das obras hidráulicas de competencia das entidades locais galegas na forma regulada por esta lei.
- No ámbito da planificación territorial e urbanística, correspóndelle a Augas de Galicia o exercicio da competencia mencionada no artigo 39º da Lei de Augas de Galicia.
- En materia de abastecemento e de saneamento de augas:
- A ordenación dos servizos de abastecemento e de saneamento en alta.
- A elaboración dos plans xerais galegos de abastecemento e de saneamento consonte o que indique o título III desta lei, as cales conterán os criterios para a coordinación das actuacións das entidades locais competentes en materia de abastecemento e de saneamento.
- A promoción da constitución de consorcios e mancomunidades para a mellor prestación dos servizos de abastecemento e de saneamento.
- En materia de vertidos:
- A autorización e o control dos vertidos de augas urbanas ou industriais ao dominio público hidráulico, así como da eventual reutilización dos efluentes, e, en xeral, as demais funcións que a lexislación lles atribúe aos organismos de bacía.
- A autorización das obras e das instalacións de vertidos desde terra ás augas do litoral galego e o exercicio das funcións de policía sobre elas.
- A elaboración e a proposta á consellería competente en materia de augas das normas que sexan necesarias para o desenvolvemento desta lei para a súa posterior elevación, de ser o caso, ao Consello da Xunta e o exercicio das actuacións que legal o regulamentariamente lle sexan atribuídas.
- En materia tributaria, actuar como suxeito activo en relación coa aplicación dos tributos en materia de augas regulados nesta lei conforme a normativa vixente.
Augas de Galicia
Dirección: Praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15704 Santiago de Compostela. A Coruña. España.